martes, 1 de diciembre de 2009

Maldita incertidume


Non podo prender o candil
sen a lúa.
Sen as pálpebras azuis
da mínima lámpada erguida,
do cerco no camiño.

Vésperas das mágoas,
os medos,
o sutil esquecemento
a carón do principio
da crenza experta en escapes.

Puntos suspensivos na
verba máis corrente.
E todo se torna mesto,
entre folerpas de lume
que agachan os seus indicios.

¿Onde está a lúa?
Non a vexo.
Non vexo nada...

A escoita. Maldita incertidume.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Un día, me tienes que leer alguno de tus versos en galego, ¿vale?