lunes, 20 de julio de 2009

Crenzas do hoxe

Nunha fábula
de matices sen sombra,
de escuitas a voces
tremendo carteis e
beirarrúas;
nesta premura de albiscar
eternidades mortas,
espermas perdidos,
loitas de ficcións e de
pantasmas sen rostro.

Nas mornas noites de te respirar,
non sucumbir
aos delirios,
ás bágoas que agocha un teito celeste
ao terror das mans vacías,
dos leitos pétreos;
non temer aos vagalumes
coa súa mesta luz de ausencia;
hoxe resbala a túa figura no solpor,
alumeando as cóxegas da mágoa.

Esta noite aínda prenden
a ledicia nos meus peitos.

No hay comentarios: