
As equipaxes
esquécense
no seu solpor afroitado,
cheo de escoitas baldías
e chuvia.
Non cambiaron
as fronteiras,
os niños das peregrinas
continúan
a berrar
os seus vaivéns.
E na quedade
da lúa
cando remata o
camiño
por se verter,
torna as costas
ao barullo,
claudica.
Só un rapaz, alí
no cumio
onde ninguén
auguria a inquedanza;
nesa presenza mesta
e partida.
Só un rapaz, alí
acorda: os garabatos,
a senda.
As equipaxes a se reunir
nos soportais.
É hora de comezar o camiño.
Aquí, xa non chove.
No hay comentarios:
Publicar un comentario