domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas: Ramón Piñeiro

Como cada 17 de maio, estamos de noraboa todos aqueles que somos galegos e que amamos as letras. ODía das Letras Galegas, non extinto (como algunhas voces apuntaban) aínda que si recoñecido a persoas cada vez máis dispares, continúa a súa traxectoria como "data para recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Escomezando como un xeito de homenaxear o centenario de Cantares Gallegos, da nosa benquerida Rosalía de Castro, os 17 de maio desde o ano 1963 instauráronse como o día das nosas letras por antonomasia. E neste 2009, tocoulle a Ramón Piñeiro.


Ramón Piñeiro López, lugués de nacemento, foi escritor, filósofo e activista político. Como a maioría dos representantes das nosas letras, estivo exiliado en Francia e pasou seis anos no cárcere durante a ditadura franquista. Participou de pleno na fundación do Partido Galeguista na clandestinidade (onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e o resto da troupe) e, posteriormente, ingresou na Real Academia Galega. Con anterioridade xa fundara a ben coñecida editorial Galaxia (no 1950) da que foi director. No 1983, o rexurdimento da nosa cultura logo dos 36 anos de longa noite de pedra, converteuse no primeiro presidente da Cultura Galega. Morreu no 1990.

Dos seus textos destacan basicamente ensaios sobre a sociedade do momento, sobre literatura e sobre a situación da Galiza. A maioría introducen o concepto de "saudade" e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galiza como "camiño fundamental para a súa realización como pobo".

Un ano máis, outro home que loitou pola nosa identidade.
Un ano máis, 
longa vida ás Letras Galegas.


No hay comentarios: