lunes, 2 de marzo de 2009

Oración polos parvos

Perdóanos, señor, tanta parveza
e ten piedá de nós, dos probes parvos
que andamos os camiños das estrelas
cos ollos acendidos
na bebedeira tépeda das fábulas.

Celso Emilio Ferreiro

Nunca
unhas chamas quebraron

o devagar

das pantasmas.

Ateigadas de cinza

e medos

e nonseiqué)

lonxe de se derrubaren

anidaron no cortello
coma prol dos bacoriños
enzoufados na mugre

e nos remorsos

e nas vinganzas.


As pantasmas.

Non lembraron
as pestilencias
e os Entroidos
cubertos de lama
.

E, agora,
a sobrevivir de novo

entre o noxo

coma sempre,

coma antes,
que para se afundir

xa houbo


buques
de ácedas
entrañas
negras.


(O que pode inspirar unha decepción electoral, miña nai querida... Non quero dicir máis nada: resultaría redundante. Mais, se Celsiño levantase a testa...)

4 comentarios:

javixu dijo...

Que le vamos a hacer si el pueblo ha decidido...
Yo sinceramente cuando estoy en Galicia no siento que se piense como han dicho las elecciones, pero...

Ánimo, que algun día volveremos a ver el sol.
Eso si mejor sin estridencias.
Un besote

javixu dijo...

Debe de ser abducido por unos seres extraños con banderas independentistas que conocí en el festival de Ortigueira.
Acabaron cantando al unísono:
Galiza ceive! Zamora independencia!

Un placer conocerte a ti también, y a renacer de vuestras propias cenizas, que vuestro pais sigue vivo y con ganas de cambio.

Por cierto, de dónde eres exactamente?

G. dijo...

Frente al pesimismo de la razon... EL OPTIMISMO DE LA VOLUNTAD.

Animo

eu dijo...

miña nena VOLVERAN tempos mellores.
Poesia muy buena BS